Acerca do grupo

O Grupo de Investigación en Inovacións Educativa (GIE) está composto por profesorado investigador da Facultade de Ciéncias da Educación da Universidade da Coruña. O motor que nos guía é un forte compromiso moral e a responsabilidade e obriga de contribuir a un mundo mais xusto através dunha educación libertadora e comprometida coa defesa dos direitos de todos os colectivos sociais, pero especialmente dos grupos que están sofrindo os efeitos dun mundo ainda moi inxusto, daqueles que se sinten mais silenciados e marxinalizados.

As nosas principais liñas de traballo son:

  • Políticas educativas, curriculares e xustiza social.
  • Equidade e Educación Inclusiva.
  • As tecnoloxías da información e da comunicación e a educación.
  • Educación Infantil.
  • Investigación-Acción e Avaliación.
  • Educación mediática.
  • A análise do conteúdo dos recursos para o ensino.
  • Inovacións educativas.
  • Investigación sobre currículum oculto e explícito.

Os resultados das nosas investigacións tratamos de que alcancen a maior difusión, tanto através deste sitio web, como participando en congresos internacionais e nacionais, simpósios, reunións científicas, cursos e seminários.

Pretendemos co noso traballo facilitar debates e toma de decisións mais informadas e nas que participen o maior número posíbel de profisionais e, en xeral, todas aquelas persoas convencidas de que outro mundo é posíbel e, polo tanto, outro sistema educativo máis xusto, democrático e solidário.

Publicacións recentes

DePalma, R., Teasley, C. (2012) Constructing Spanish: Discourses of language hegemony in Spain, En D. B. Napier & S. Majhanovich (Eds.) Education, Dominance and Identity Rotterdam: Sense
DePalma, R. (2012) Choosing to lose our gender expertise: Queering sex/gender in school settings, Sex Education. En imprenta
TORRES SANTOMÉ, J. (2012) O currículo integrado como campo possível de invenção de mundos plurais e emancipatórios: Uma conversa com Jurjo Torres Santomé, Sandra Kretli da Silva e Tânia Mara Zanotti Guerra Frizzera Delboni - Revista Teias, Vol. 13. Nº 27 (Janeiro/Abril, 2012), págs. 279-286 leer online
García Cabeza, B., Sánchez Bello, A. (2012) The impact on sex education of textbooks for the combined Biology/Geology curriculum in Spanish schooling, En prensa

Proxectos de investigación

Valoración del alumnado y del profesorado de las tareas escolares y recursos didácticos que se utilizan en Galicia en las aulas de la ESO
financiado por:
Plan Nacional de I+D+i. Ministerio de Economía y Competitividad (MINECO)
referencia:
EDU2012-39069
anos:
2013-2015
investigador principal:
Jurjo Torres Santomé (UDC)
investigadores:
Begoña Rumbo Arcas
Isabel Rivas Barrós
Ana Sánchez Bello
Juan José Bueno Aguilar
Teresa Núñez Mayan
Eva Espido Bello
Cathryn Teasley Severino
Renee DePalma Ungaro
Alicia Arias Rodríguez
Javier De Salvador González
Ana María Porto Rioboo
Actitudes e valoracións das alumnas cara as TIC. Análise da baixa tasa de matricula das mulleres nos estudos superiores de informática
financiado por:
Proyecto de investigación financiado pola Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de igualdade. DOG de 10 de Xuño de 2011
ano:
2011
investigador principal:
Ana Sánchez Bello (UDC)

Últimas teses dirixidas

A Música Popular Galega na Educación Secundária Obrigatória
autor:
Méndez García, Teresa
dirección:
TORRES SANTOMÉ, J.
defensa:
24 de novembro de 2008
lugar:
Facultade de Ciéncias da Educación, no Departamento de Pedagoxía e Didáctica da Universidade da Coruña
nota:
Sobresaliente "cum laude" Premio Extraordinario de Doutorado
A Integración Escolar vinte anos despois do Proxecto Experimental. Análise da atención às necesidades especiais no termo municipal da Coruña
autor:
Núñez Mayán, Mª Teresa
dirección:
TORRES SANTOMÉ, J.
defensa:
26 de marzo de 2006
lugar:
Universidade da Coruña. Facultade de Ciencias da Educación, no Departamento de Pedagoxía e Didáctica
nota:
Sobresaliente "cum laude" Premio Extraordinario de Doutorado