G.I.E » Membros do grupo » Belén García Cabeza

Belén García Cabeza

Crop belen.garcia.cabeza

Belén García Cabeza cursou estudos nas facultades de Ciencias da Educación das universidades de Santiago de Compostela e de A Coruña. É mestra de Educación Musical e licenciada en Psicopedagoxía. No ano 2009 obtivo o Diploma de Estudos Avanzados na área de Didáctica e Organización Escolar presentando as investigacións: "A educación das mulleres no pensamento feminista galego de finais do século XIX e comenzos do XX: a perspectiva de Emilia Pardo Bazán" e "Os modelos de educación sexual presentes e ausentes nos libros de texto de educación secundaria: unha ollada á área de ciencias naturais".

En 2006 e 2007 foi bolseira de colaboración na Ciber@ula do Hospital Teresa Herrera e durante o 2008, na Oficina para a Igualdade de Xénero da UDC, o que a levou a dirixir as xornadas "Cooperar en feminino: políticas e prácticas de cooperación con perspectiva de xénero". Ademáis ten colaborado na organización de diversos cursos e congresos nas áreas de xénero e igualdade, psicoloxía social e evolutiva, didáctica e organización escolar e normalización lingüística.

En calidade de investigadora en formación participou no desenvolvemento dos seguintes proxectos de I+D+i:

  • La enseñanza y el aprendizaje de la diversidad en la ESO mediante los libros de texto (MICINN, 2008-actualmente).
  • Actitudes e valoracións das alumnas cara as TIC. Análise da baixa taxa de matrícula de mulleres nos estudos superiores de informática (SGI, 2011)
  • El diseño de políticas públicas sobre orientación y apoyo a la escuela: análisis comparado en las comunidades autónomas (CIDE-MEC, 2008-2009)

Tamén realizou a investigación propia "Estudo de caso sobre as desigualdades de xénero nas escolas da provincia da Coruña", no marco da convocatoria de Bolsas de Investigación 2007-2008 da Deputación da Coruña.

Dende 2009 desenvolve o seu traballo na Facultade de Ciencias da Educación da UDC; primeiro coma bolseira de terceiro ciclo e actualmente coma contratada predoutoral, o que compaxina coa elaboración da súa tese "Educación, procesos migratorios e desigualdades de xénero. O proceso educativo das xeracións novas de mulleres inmigrantes en Galicia" dirixida por Jurjo Torres Santomé e Ana Sánchez Bello.

Liñas de investigación:

  • educación, xénero, e procesos de construción identitaria de persoas migrantes;
  • políticas curriculares e xustiza social.

Capítulos en libros

García Cabeza, B. (2010) ¿Introducción?, En García Cabeza, B. (ed.) (2010). Cooperar en femenino. Políticas y prácticas de cooperación con perspectiva de género. Tirant lo Blanch, Valencia

Artigos

García Cabeza, B., Sánchez Bello, A. (2012) The impact on sex education of textbooks for the combined Biology/Geology curriculum in Spanish schooling, En prensa
García Cabeza, B. (2010) A educación das mulleres no pensamento feminista galego de finais do XIX e comezos do XX: a perspectiva de Emilia Pardo Bazán, Sarmiento. Anuario Galego de Historia da Educación, nº 14, páxs. 109-123 leer online
García Cabeza, B. (setembro 2009) Escuela mixta Vs. escuela coeducativa: un estudio de caso en torno a la reproducción/transformación de las desigualdades de género, Actas do X Congresso Internacional Galego-Português de Psicopedagogia, páxs. 2417-2431, Universidade do Minho, Braga leer online
Arza Arza, Neves, Rodríguez Romero, Mar, Caride Delgado, Mª José, García Cabeza, B., Iglesias, F. (setembro 2009) Os servizos de orientación en Galicia: un estudo sobre a súa xestación, implantación e modelo resultante, Actas do X Congresso Internacional Galego-Português de Psicopedagogia, páxs. 4895-4905. Universidade do Minho, Braga leer online
ARZA ARZA, N., RODRÍGUEZ ROMERO, Mª, CARIDE DELGADO, Mª J., GARCÍA CABEZA, B., IGLESIAS AMORÍN, F. (2009) Os servizos de orientación en Galicia: un estudo sobre a súa xestación, implantación e modelo resultante, Braga (Portual)

Recensións

García Cabeza, B. (abril 2009) Recensión de Cobo Bedía, Rosa. (ed.) (2008). Educar en la ciudadanía. Perspectivas feministas. Madrid: Los Libros de la Catarata. Revista electrónica Education Review, páxs. 1-12 leer online