G.I.E » Membros do grupo » Fernando Iglesias Amorín

Fernando Iglesias Amorín

Crop f.amorin

Fernando Iglesias Amorín é Mestre, Especialidade de Educación Infantil e Licenciado en Psicopedagoxía pola Universidade da Coruña (UDC). A nivel de formación de posgrado é: "DEA, Programa de Innovación e Investigación Educativa" e "Especialista Universitario en Técnicas de Avaliación e Intervención Psicoeducativa en Contextos Escolares e Sociocomunitarios" pola UDC; "Master en Tecnoloxía Educativa: Deseño de Materiais e Entornos de Formación" pola Universitat Rovira i Virgili (URV), pola que tamén é "Especialista Universitario en Deseño de Entornos Tecnolóxicos de Formación" e "Especialista Universitario en Deseño e Realización de Materiais Didácticos Multimedia" e _"Técnico de Formación On Line" pola Universitat Oberta de Cataluña (UOC).

Desenvolveu na UDC no ámbito da xestión funcións técnicas na promoción de accións de innovación educativa dende o Centro Universitario de Formación e Innovación Educativa (CUFIE), o Servizo de Recursos Audiovisuais (SRA) e actualmente como coordinador da Unidade de Soporte á Docencia (SD).

No plano académico, a súa actividade docente desenvolveuna inicialmente na Universidade de Vigo e actualmente na Universidade da Coruña. Céntrase en diversas materias da Área de Didáctica e Organización Escolar, aínda que fundamentalmente en materias que abordan a aplicación das TIC dende as distintas especialidades dos estudos de mestre, educación social e logopedia.

A nivel de investigación forma parte do Grupo de Investigación en Innovacións Educativas (GIE). Participou en diversos proxectos sobre temas relacionados coas TIC en educación, a formación do profesorado, a función titorial na universidade, a análise de materiais curriculares, orientación escolar, etc. Xunto a estes temas, as súas líñas de investigación céntranse sobre as TIC na educación escolar e a formación do profesorado; o eLearning; o deseño, desenvolvemento e avaliación de MDM; educación e Sociedade da Información e as TIC na docencia universitaria.

Artigos

IGLESIAS AMORÍN, F., PERALBO UZQUIANO, M., GONZÁLEZ SANMAMED, M., GARCÍA FERNÁNDEZ, M. (2009) Diferencias entre el grado de interés y adquisición de las competencias profesionales del maestro de infantil, Braga (Portugal)
ARZA ARZA, N., RODRÍGUEZ ROMERO, Mª, CARIDE DELGADO, Mª J., GARCÍA CABEZA, B., IGLESIAS AMORÍN, F. (2009) Os servizos de orientación en Galicia: un estudo sobre a súa xestación, implantación e modelo resultante, Braga (Portual)
VÉLAZ DE MEDRANO, C., RODRÍGUEZ ROMERO, Mª, ARZA ARZA, N., IGLESIAS AMORÍN, F., et al (2009) El diseño de políticas públicas sobre orientación y apoyo a la escuela: análisis comparado en las comunidades autónomas, Madrid
POSE PORTO, H., CARIDE GÓMEZ, J. A., BOUZADA FERNÁNDEZ, X., CID FERNÁNDEZ, X. M., IGLESIAS AMORÍN, F. (2007) As necesidades e demandas formativas dos profesionais da acción cultural pública en Galicia, A Coruña
GISBERT CERVERA, M., PERALBO UZQUIANO, M., ESQUIROL SOLE, À., IGLESIAS AMORÍN, F., CELA RANILLA, J., FARRÚS PRAT, N., MONTSERRAT PERA, S. (2006) DOCNET, una herramienta para la planificación docente en el marco del EEES. Los procesos formativos vinculados a su implantación, Tarragona
BARCA LOZANO, A., BRENLLA BLANCO, J. C., BUENO AGUILAR, J. J., DIGÓN REGUEIRO, A. P., IGLESIAS AMORÍN, F., LÓPEZ LARROSA, S., PERALBO UZQUIANO, M., PORTO RIOBOO, A., RISSO MIGUES, A., SALVADOR GONZÁLEZ, J. J. (2005) Informe evaluación docente 2003-2004, A Coruña
GONZÁLEZ SANMAMED, M., FUENTES ABELEDO, E. J., IGLESIAS AMORÍN, F., SANTOS GONZÁLEZ, Mª C., VEIGA RIO, E. J. (2005) Demandas de formación para utilizar o galego no ensino, A Coruña
GONZÁLEZ SANMAMED, M., FUENTES ABELEDO, E. J., IGLESIAS AMORÍN, F., SANTOS GONZÁLEZ, Mª C., VEIGA RIO, E. J. (2005) O galego no ensino: perspectivas do profesorado, A Coruña
ARZA ARZA, N., IGLESIAS AMORÍN, F. (2004) Planificación y diseño de recursos para la orientación profesional, A Coruña
IGLESIAS AMORÍN, F., GONZÁLEZ SANMAMED, M., VEIGA RÍO, J. E. (2003) O proxecto “Internet Municipal” do Concello de A Coruña: un estudio sobre as perspectivas do profesorado, A Coruña
GONZÁLEZ SANMAMED, M., FUENTES ABELEDO, E. J., IGLESIAS AMORÍN, F., SANTOS GONZÁLEZ, Mª C., VEIGA RIO, E. J. (2003) O galego no ensino, A Coruña
ARZA ARZA, N., GONZÁLEZ SANMAMED, M., IGLESIAS AMORÍN, F. (2002) El practicum de psicopedagogía: actividades realizadas y aprendizajes adquiridos, Poio (Pontevedra)
IGLESIAS AMORÍN, F., GONZÁLEZ SANMAMED, M., VEIGA RÍO, J. E. (2002) Perspectivas y necesidades formativas del profesorado de infantil y primaria para la integración de la informática en la enseñanza, A Coruña
IGLESIAS AMORÍN, F., VEIGA RÍO, J. E., GONZÁLEZ SANMAMED, M. (2001) Utilización del ordenador en la enseñanza infantil y primaria: un estudio de caso, Madrid
IGLESIAS AMORÍN, F., GONZÁLEZ SANMAMED, M., VEIGA RÍO, J. E. (2001) Funciones didácticas de los medios audiovisuales y tecnológicos: valoraciones expresadas por el profesorado, Madrid
IGLESIAS AMORÍN, F., VEIGA RÍO, J. E., GONZÁLEZ SANMAMED, M. (2000) a: Actitudes del profesorado de primaria hacia la informática: un estudio exploratorio, A Coruña