Acerca do grupo
O Grupo de Investigación en Inovacións Educativa (GIE) está composto por profesorado investigador da Facultade de Ciéncias da Educación da Universidade da Coruña. O motor que nos guía é un forte compromiso moral e a responsabilidade e obriga de contribuir a un mundo mais xusto através dunha educación libertadora e comprometida coa defesa dos direitos de todos os colectivos sociais, pero especialmente dos grupos que están sofrindo os efeitos dun mundo ainda moi inxusto, daqueles que se sinten mais silenciados e marxinalizados.
As nosas principais liñas de traballo son:
- Políticas educativas, curriculares e xustiza social.
- Equidade e Educación Inclusiva.
- As tecnoloxías da información e da comunicación e a educación.
- Educación Infantil.
- Investigación-Acción e Avaliación.
- Educación mediática.
- A análise do conteúdo dos recursos para o ensino.
- Inovacións educativas.
- Investigación sobre currículum oculto e explícito.
Os resultados das nosas investigacións tratamos de que alcancen a maior difusión, tanto através deste sitio web, como participando en congresos internacionais e nacionais, simpósios, reunións científicas, cursos e seminários.
Pretendemos co noso traballo facilitar debates e toma de decisións mais informadas e nas que participen o maior número posíbel de profisionais e, en xeral, todas aquelas persoas convencidas de que outro mundo é posíbel e, polo tanto, outro sistema educativo máis xusto, democrático e solidário.
Estamos integrados en RedeTELGalicia, unha rede de grupos de investigación interesados na aplicación das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) na educación, centrándose principalemente en educación primaria e secundaria.
Os grupos participantes en RedeTELGalicia teñen unha ampla experiencia no desenvolvemento de proxectos e-learning pero seguindo diferentes enfoques. Algúns dos grupos centráronse no desenvolvemento de tecnoloxías e infraestruturas, mentres que outros se ocupan principalmente da práctica docente e da pedagoxía. Este vínculo entre a tecnoloxía e a pedagoxía reflexa a interdisciplinariedade deste campo de investigación que require as achegas e a coordinación das dúas partes.
Publicacións recentes
Proxectos de investigación
- financiado por:
- Ministerio de Economía y Competitividad (MINECO)
- referencia:
- EDU2016-79563-R
- anos:
- 2016-2019
- investigador principal:
- Susana García Barros
- investigadores:
- Ana SÁNCHEZ BELLO
y otros
- financiado por:
- Ministerio de Economía e Competitividad (MINECO)
- anos:
- 2016-2019
- investigador principal:
- Laura Oso Casas
- investigadores:
- Belén García Cabeza
Últimas teses dirixidas
- autor:
- Natalia Vallejos Silva
- dirección:
- Jurjo Torres Santomé
- defensa:
- 26 de novembro de 2020
- lugar:
- Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña
- nota:
- Sobresaliente cum laude
- autor:
- Luis Román Suárez Canedo
- dirección:
- Jurjo Torres Santomé, Mar Rodríguez Romero
- defensa:
- 28 de xuño de 2019
- lugar:
- Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña
- nota:
- Sobresaliente cum laude