Cathryn Teasley
Cathryn Teasley é natural de San Francisco, California (EUA) e afincada na Coruña (Galiza) desde o ano 1991 É profesora de Didáctica e Organización Escolar da Universidade da Coruña desde o ano 2006. A súa liña de investigación céntrase no fomento da xustiza intercultural mediante a Pedagoxía Crítica, a investigación etnográfica, a formación do profesorado e a Educación para a Paz, todo o cal refléctese tanto na súa docencia como no traballo para su tese de doutoramento sobre a recente incorporación do alumnado romaní/xitano na Educación Secundaria en España. Ten colaborado en volumes como Volver a pensar la educación (Morata, 1995) que aborda temas críticos sobre a educación no mundo, e Globalizing Cultural Studies: Ethnographic Interventions in Theory, Method, and Policy (Peter Lang, 2007), que examina o papel dos Estudos Culturais e a etnografía no ámbito educativo, entre outros. Coordinou, xunto con Cameron McCarthy, o volume colectivo Transnational Perspectives on Culture, Policy and Education: Redirecting Cultural Studies in Neoliberal Times (Peter Lang, 2008) que conta con colaboradores/as procedentes de diversos países.
