Concepción Sánchez Blanco
Titular na Facultade de Ciencias da Educación na Universidade da Coruña dende novembro do 1995. Con anterioridade traballou na Universidade Complutense de Madrid cunha Beca Predoctoral onde leu a súa tese no ano 1994 (“A cooperación na Educación Infantil), sendo dirixida polo Dr. Juan Manuel Álvarez Méndez. Foi investigadora visitante no Centro de Investigación Aplicada á educación (C. A. R. E) de East Anglia en Norwich (Inglaterra) e no Centro Escocés para a Investigación Educativa (S.C.R.E) en Edimburgo.
O ámbito no que ven centrando os seus traballos de Investigación é a Educación Infantil, situándose nunha racionalidade crítica. O estudo de caso, a etnografía, a investigación-acción, e en xeral, a investigación cualitativa constitúen o marco de referencia na súa laboura investigadora. Participou en diversos proxectos de investigación entre os que destacan: "Os principios de comprensividade e diversificación como resposta a diversidade nunha escola multicultural dentro da ensinanza obrigatoria", financiado polo Centro de Investigación, Documentación e Avaliación (C.I.D.E.)”; “Management for Organisational and Human Development”, financiado pola Comunidade Europea; “Violencia e Diversidade na Escolarización Temperá: concepcións e prácticas do profesorado na Educación Infantil", financiado pola Universidade da Coruña; e Conflicto e violencia nos Centros Escolares", financiado pola Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.
Organizadora e coordinadora das Xornadas sobre Educación Infantil: investigación-acción e innovación educativa que desde fai nove anos teñen lugar na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña. Actualmente desenvolve a seu labor docente no graó de Educación Infantil e nos maestrados: Intervención Logopédica na Infancia e na Adolescencia e Innovación, Orientación e Avaliación Educativa.
