Fernando Iglesias Amorín

Fernando Iglesias Amorín é Mestre, Especialidade de Educación Infantil e Licenciado en Psicopedagoxía pola Universidade da Coruña (UDC). A nivel de formación de posgrado é: "DEA, Programa de Innovación e Investigación Educativa" e "Especialista Universitario en Técnicas de Avaliación e Intervención Psicoeducativa en Contextos Escolares e Sociocomunitarios" pola UDC; "Master en Tecnoloxía Educativa: Deseño de Materiais e Entornos de Formación" pola Universitat Rovira i Virgili (URV), pola que tamén é "Especialista Universitario en Deseño de Entornos Tecnolóxicos de Formación" e "Especialista Universitario en Deseño e Realización de Materiais Didácticos Multimedia" e _"Técnico de Formación On Line" pola Universitat Oberta de Cataluña (UOC).
Desenvolveu na UDC no ámbito da xestión funcións técnicas na promoción de accións de innovación educativa dende o Centro Universitario de Formación e Innovación Educativa (CUFIE), o Servizo de Recursos Audiovisuais (SRA) e actualmente como coordinador da Unidade de Soporte á Docencia (SD).
No plano académico, a súa actividade docente desenvolveuna inicialmente na Universidade de Vigo e actualmente na Universidade da Coruña. Céntrase en diversas materias da Área de Didáctica e Organización Escolar, aínda que fundamentalmente en materias que abordan a aplicación das TIC dende as distintas especialidades dos estudos de mestre, educación social e logopedia.
A nivel de investigación forma parte do Grupo de Investigación en Innovacións Educativas (GIE). Participou en diversos proxectos sobre temas relacionados coas TIC en educación, a formación do profesorado, a función titorial na universidade, a análise de materiais curriculares, orientación escolar, etc. Xunto a estes temas, as súas líñas de investigación céntranse sobre as TIC na educación escolar e a formación do profesorado; o eLearning; o deseño, desenvolvemento e avaliación de MDM; educación e Sociedade da Información e as TIC na docencia universitaria.