Mª Teresa Núñez Mayán

Iniciou a súa andadura profesional como mestre de Educación Especial nun centro ordinario de Educación Primaria. Entre os cursos 1982-1997 traballou como pedagoga no Servicio de Orientación Escolaar e posteriormente no Equipo Psicopedagóxico de Apoio de A Coruña dependentes da Consellería de Educación. Nestes servizos desenvolveu funcións vencelladas á atención á diversidade e á integración educativa: valoración e orientación de alumnado con necesidades educativas especiais, asesoramento ao profesorado e ás familias en termas relacionados coa integración escolar, etc. Incorpórase á universidade como profesora asociada no 1994 compatibilizando traballo e docencia e desde 1997 adícase exclusivamente á universidade.
Impartiu docencia, por encargo do Departamento de Pedagoxía e Didáctica, na licenciatura de Psicopedagoxía, na Diplomatura de Mestre de Audición e Linguaxe e Logopedia e actualmente no Grao de Mestre de Primaria, asi como en diversos programas de doutoramento e mestrado.
Os temas abordados na súa docencia e investigación están estreitamente vencellados coa súa experiencia profesional: Educación Especial, Adaptacións Curriculares, Atención á Diversidade, integración e Inclusión Educativa.
Participa frecuentemente como ponente en cursos, xornadas e congresos de formación de profesorado e familias.
Forma parte do Grupo de Profesorado Universitario de Educación Especial.